O pasado 30 de xaneiro, os nenos de San Roque, celebramos un día moi especial: O DÍA DA PAZ.
Ás 10:45 baixamos ao patio cun señor que nos ensinou a coller as pombas que íamos soltar nese día tan especial. Nós, por suposto, estabamos nerviosos porque nunca nas nosas vidas colléramos unhas pombas.
Cando chegou a hora baixamos xunto cos demais cursos a ler os manifestos. Despois de que os nosos compañeiros: Yago, David, Sabela, Insafe e Alfredo remataran de ler, xa estabamos colocados en forma de ARCO DA VELLA para cantar a canción "Os nenos queremos a PAZ" do grupo "3+2".
A continuación procedemos á solta das pombas. Ás nosas compañeiras Sara e María, escapáronselles ao tentar collelas.
FOI UN DÍA MOI DIVERTIDO!!
Manifestos pola paz dos cursos 6ºB e 6ºA:
O 30 de xaneiro é o día da PAZ: día de sorrisos, convivencia e igualdade. Por iso, @s nen@s de San Roque pasaremos un día inolvidable entre cancións, amigos e familiares dando o mellor de nós, cun sorriso de orella a orella.
O día da PAZ é un día pacífico.
Por iso olvidémonos das guerras, dos insultos e dos maltratos ás mulleres.
Os nenos, somos o futuro, erradiquemos estas accións. Debemos mellorar este mundo cheo de malas influencias, de matanzas e agresións ás mulleres.
LOITEMOS POLA PAZ!!
Somos nenos,
queremos a PAZ,
non queremos problemas,
queremos disfrutar,
para que no futuro
todo sexa menos duro.
Non queremos guerras,
queremos axudar
aos países pobres
que teñen que mellorar.
Somos humáns,
somos como irmáns
e todos XUNTOS
queremos a PAZ.
Todos queremos a PAZ
e tamén a amizade.
Todos xuntos cantamos
e tamén bailamos.
A paz é moi fermosa
e a nosa risa é graciosa.
E non queremos a guerra
e tampouco as armas na Terra.
O mundo quremos mellorar
e á xente axudar.
Todos xuntos a nosa voz
alzaremos para dicir PAZ.
Non queremos a guerra, queremos a paz. Non queremos pelexar, só queremos amizade. Non somos animais, temos intelixencia, témola que aproveitar para ser bos cidadáns. Estamos nun colexio e temos que traballar para o día de mañá poder o mundo mellorar.
Os alumnos e alumnas de 6 comprometémonos a:
1.Non discriminar a ninguén.
Non meterse con ninguén nin apartar a ningunha compañeira ou compañeiro dos grupos de amigos, nin insultar.
2.- Respectar a liberdade de expresión dos demais. Todos temos dereito a expresar as nosas opinións.
3.- Axudar aos compañeiros e compañeiras.
Temos a obrigación de axudar as persoas cando o necesiten.
4.- Xogar con todos, así fomentamos o compañeirismo
5.-Non á violencia.
Practicar a non violencia. Rexeitar a violencia practicando o diálogo.