O ciclista español Alberto Contador, que está desfeito, según informou o seu tío, Abelardo Contador, tras ser sancionado con dous anos de suspensión polo TAS (Tribunal de Arbitraxe Deportivo), comparecerá hoxe, martes, ás 19:30 (horario peninsular ) nunha conferencia de prensa xunto ao danés Bjarne Riis, director do Saxo Bank. A sanción polo seu positivo por clembuterol no 2010 finaliza o 5 de agosto ; o que lle acarrea, ademais de perder os triunfos do Tour 2010, Giro 2011,non poderá participar no Tour 2012 nin nos xogos olimpicos de Londres. Si , poderá participar na Volta a España, se así o desexa.
