miércoles, 6 de abril de 2011

A Familia

Gustame estar,
coa familia, cantar.

Todos te queren ,
te apoian no que desexes.

Os bicos,
as apertas,
fai moito tempo
que non chegan,
ata que por fín
este sentimento
pode saír.

O reencontro
xa chegou,
coa miña familia
de novo estou,
pero o contrario
de cando chega,
moi rápido se vai.

Se todos os días
foran iguais,
co reencontro
e demais,
o reencontro aburrido
chegaria a parecer,
por iso
aínda que haxa
que esperar
a pena valdra,
o tempo de esperar.

A familia
tamén me fai recordar
a brisa do mar,
tan nova,
tan limpa,
que antigos momentos
te fai recordar.

lunes, 4 de abril de 2011

A Lenda de Santa Mariña de Augas Santas

Contan os más lanuxes que era Mariña unha fermosa rapaza, filla dun gobernador
román de A Limia, de esclarecido linaxe, e tal vez sacerdote pagán. Non tiña máis
que esta filla e esta quedou orfa de nai, a cal debeu morrer ó dar a luz ou pouco
despois do nacemento de Mariña.
Segundo a lenda o pai entregou á nena ós coidados dunha criada campesiña cristiá
que educou a Mariña nesta fe. Cando o pai se deu de conta das crenzas da súa filla,
repudiouna e abandonouna ó seu destino na aldea da súa coidadora.
Mariña adicábase a saír coas ovellas ó campo, e namentres pastaban, ela sentada
tecía baixo un carballo.
Un día o prefecto romano Olibrio, dende o momento que a viu, tan moza e fermosa,
namorouse dela e intentou seducila, aínda que sen éxito. Non acostumado a ser
rexeitado, indignado e coñecedor da fe cristiá de Mariña, tentou de persuadila para
que renegase das súas crenzas.
Olibiro decidiu, entón, levar a moza con el ata o castro de Armea co fin de pechala ata
que se prestase a atender as necesidades do prefecto e renunciase a súa fe. Ó ver
que non conseguía os seus propósitos, intensificou os tormentos que infrinxía a Santa
Mariña ata que a moza quedou exhausta. Olibrio chegou ó extremo de intentar
queimala na cripta e afogala, intentos que milagrosamente foron infructuosos, din que
por obra do propio San Pedro. Ante esta situación, o romano decidiu decapitala, no
lugar onde a día de hoxe está o templo. Cando o verdugo cortou a súa cabeza esta
caeu dando tres saltos no chan mentres pronunciaba tres veces a mesma palabra;
CREO. Nese mesmo instante xurdiron tres fontes na zona do Santuario que hoxe
manan no lugar.