viernes, 25 de noviembre de 2011

Traballo das constelacións

O venres pasado Ana, a profesora de Educación física,  deunos unha charla sobre as constelacións celestes do planisferio do hemisferio norte. Ela tiña un croquis en papel do que imos facer, nós farémolo en madeira. Ela tiña unhas constelacións en grande que fixera para que aprenderamos  nós, e eran: Osa Maior, Osa Menor, Draco, Orfeo e Casiopea.  Ana díxonos que nos puxeramos por parellas, deunos un par de constelacións a cada parella para que investiguemos sobre elas e as sitúemos no planisferio que Iván e Claudia teñen que pintar de azul para que se noten máis  e sexa máis realista. Mercedes, a profe de relixión, vainos axudar nalgunhas cousas. Luís, o nosode profesor , propuxo facer un libro coa información que recopilemos todos e todas. A Ana ocorréuselle  que ao rematar o traballo podíamos colocalo no teito da entrada do colexio como un planetario e as estrelas de cada constelación levarán unhas luces, dependendo da cor de cada estrela.Que ben o pasamos...