viernes, 18 de noviembre de 2011

Daremos nome a un satélite artificial

Galileo é un programa europeo que pretende colocar en órbita 27 satélites (a 20.000 km de distancia da Terra) para ser utilizados na navegación por satélite (semellante ao GPS norteamericano).
Estes satélites europeos levarán o nome da nena ou neno gañador do concurso de debuxo relaciondo co tema "Espazo e aeronáutica".
Dende as aulas de 6º participamos neste concurso e aquí vos deixamos os nosos debuxos.
A que quedaron preciosos!! Clica en cada imaxe para vela máis grande.