jueves, 20 de octubre de 2011

: O aparello dixestivo, respiratorio e circulatorio


Onte, 18 de outubro tivemos a primeira hora de clase de coñecemento do medio na sala das mochilas. Observamos de forma real o aparello dixestivo, respiratorio e circulatorio dun porco. Fixémolo para divertirnos, para aprender e para emporcallar un pouco as mans. Estivemos mirando os pulmóns, o corazón, a tráquea, a farinxe, o fígado e o esófago dun porco que son moi parecidos aos nosos. A profe explicounos moi ben. Esta clase foi para os dous sextos, que estivemos acompañados dos nosos profesores, Chelo e Luis. Algúns pringaron as súas mans e outros utilizaron luvas, logo as mans cheiraban fatal. Fomos todos a lavar as mans, por primeira vez na nosa curta vida con xabrón, ha ha ha!!!, é  broma. Foi moi interesante e tamén, hai que dicilo, un pouco pringoso.