
Hoxe día 16-06-2011 viu Marta, a guía das illas Cíes a dicirnos que gañamos o concurso e deunos unha camiseta, unha brúxula, un libro e un gorro.Tamén lle deron o mesmo aos profes (Chelo e Luis). Alegrámonos moitísimo de gañar o concurso porque nos esforzamos moito e practicamos moita caligrafía. Marta quedou moi contenta porque lle encantou o noso traballo e dixo que estaba moi limpiño, os debuxos moi ben coloreados sen saírse por fora, etc.

Ela quedou moi contenta, tamén porque puxemos o que non se podía facer nas illas como por exemplo: non molestar aos animais, non levar animais domesticos as illas, non prender lume,non arrincar prantas, non acampar libremente e non practicar submarinismo.A todos nos encantaron os regalos e quedamos super contentos por gañar.QUE ALEGRIA!!!