lunes, 30 de mayo de 2011

LENDAS

A LENDA DO FACHO

Este mesmo ano, no Facho, sucedeu algo incrible.Todo comezou cando unha pandilla de amigas foi dar un paseo ao monte. Foron cara o Facho. Pasaron o río Lagares e o campo de Baralonga ata que chegaron ás Porteliñas. Alí empezou o lío. No grupo ían cinco nenas e un can de caza. As nenas chamábanse: Sofía, Yasmín, Lucía, Andrea e Teresa. O can chamábase Quiwi. 

As nenas falaban entre elas tranquilamente, cando unha bóla de néboa rodeounas. Tan pronto a néboa se esfumou Andrea xa non estaba. Agora só estaban catro nenas e un can. Despois  empezou a chover a mares. De pronto escoitáronse risas tenebrosas e, finalmente, dous porrazos. A continuación oíronse dous gritos: ¡Dúas nenas desapareceran! As outras que quedaban empezaron a correr guiadas pola correa que tiña o can. O can conduciunas a unha rocha que parecía unha cova porque se podía meter dentro.
Cando chegaron ao Facho encontráronse cunha gaivota que lles dixo:
- Tivechedes sorte de chegar sen ningún  rabuño ao Facho.
- Quen esta falando? – Dixo Sofi.
- Perdoade que non me presentara. Ola, son a gaivota propietaria do Facho.
- Por que nos dixeches que tiveramos coidado?
- Porque hai un louco solto por aí. Ese louco estaba encarcerado pola Santa Compaña, pero non sei como puido escapar. Agora por escapar volveuse louco e o único que quere é ser o único ser humano que chegue ata o Facho. Dedícase a aniquilar a todo ser humano que pase pola súa zona do monte. Tamén tedes sorte de ter un can de caza . O louco tenlle medo aos cans de caza coma este. Un can de caza pode protexer polo menos a dúas persoas.
- E onde están as nosas amigas?- dixeron.
- As vosas amigas están no río Lagares, protexidas cunha barreira de auga para que ninguén as rescate. Se se descifra un código que está escrito nunha rocha, as vosas amigas serán libres e o louco e a Santa Compaña serán convertidos en ferramentas, que se gardan nesta mesma caseta para que non escapen. Só hai un animal que pode descifralo. Este can seguro que o coñece.
O can empezou a correr. El sabía quen era. Era un raposo. Cando chegaron á súa guarida colléronlle o libro prestado e fóronse correndo ao río Lagares. Aí descifraron o código a sucedeu o que dixo a gaivota.

A LENDA DE COIRO


Cando a miña nai era nena existía a lenda do cemiterio de Coiro. O colexio de Coiro onde ela estudaba estaba detrás do cemiterio. Decían que unha antiga estudante de alí que xa morrera, ás veces aparecíase no colexio. O colexio e o cemiterio estaban moi preto, todos crían que era certo e os nenos, como a miña nai, ás veces  asustábanse moito, sobre todo cando ían ao baño.


AS LENDAS DAS FURNAS
 Existe unha lenda que conta que nas furnas de Cangas habitaba un pequeno animaliño. Hai xente que dicía que era un dragón, outra que era un gnomo, un ogro, etc. Pero había un neno que aseguraba que alí vivía un trasno.
O neno tiña sobre 10 ou 11 anos, o seu pelo era loiro e os ollos azuis. Era delgado e non moi alto. Os outros nenos sempre se rían de Xoán (que era como se chamaba), porque era pobre. Pero cando dixo o do trasno todos (adultos e nenos) se burlaban del:


- Un trasno? ja ja ja ja- dicía un.

- Ti estás tolo, un trasno nas furnas!-dicía outro.

A súa avoa era a única persoa que o comprendía, sempre lle dicía:
-Tranquilo Xoán, ti tes toda a razón. Veña imos facer torta de mazá.

Xoán quería moito a súa avoa, pero estaba moi preocupado por ela, cada día se lle encorvaba máis a espalda, cada vez tusía máis e case xa non falaba nin oía. A súa avoa era a única familia que tiña xa que a súa nai morrera no parto e o seu pai pouco despois de cumprir el os dous anos por unha enfermidade do peito. Os seus tíos desapareceran hai tempo e os outros avós morreran antes de que el nacese. A súa avoa coidárao dende que naceu.
Xoán como non tiña ningún amigo xogaba só. Cando estaba triste ou apenado por algo sempre ía xunto da súa avoa ou ía ás furnas.
Un día cando chegou a casa e viu que a súa avoa non estaba. No descansiño da porta había unha nota:
Xoán vou dar un paseo ao lado
das furnas. Déixoche unha tarta
de mazá na mesa.
Bicos, a avoa
Xoán foi correndo ás furnas, dáballe medo que a súa avoa fose soa. Cando chegou viu ao borde das furnas a súa avoa sentada tranquilamente. Foi correndo cara ela e díxolle:
-Avoa, sae de ahí que podes caír!
-Tranquilo, só estou falando co meu amigo o trasno -respondeu.
-Así que… hai un duende? Tiña razón
!
-Sí, ven, achégate -dixo con dulzura a súa avoa.

Xoán achegouse cara ela, sentouse e… viuno! O trasno era azul, pequeno e con cara de bo. Estaba nun saínte da furna, sentado con xentileza.
A avoa díxolle que o duende estaba moi apenado pola situación deles, e que por iso se lles apareceu. Ademais queríaos agasallar cun desexo.
-Un desexo! -dixo Xoán moi emocionado-, pois desexo que te poñas ben avoa.

-Que bo é o teu neto -dixo suavemente o trasno-, por ser tan bo, vou facer que a xente que te atormentou se arrepinta.

Xoán e a súa avoa, fóronse para casa pensando que ía suceder.
Ao día seguinte Xoán levantouse coma sempre, para ir ao cole. Cando estaba chegando notou que alguén o seguía… era o trasno! que o quería acompañar á escola. Ó chegar, todos os nenos quedaron abraiados, non podían creer que fose verdade o que contaba Xoán. Nunca máis volveron a desconfiar del.
                                                                    FIN
Se alguén vos molesta non dubidedes en ir ás furnas, a ver se mirades ao trasno.